PAXARO AMIGO, MÚSICAS PARA A PAZ

Dentro da programación para escolares ofrecida por AFUNDACIÓN, os alumnos de 2º de EP  presenciaron a obra : “ Paxaro amigo. Músicas para a paz” de Mamá Cabra. 


Un espectáculo inspirado no libro A bruxa Discordia, que nos anima a construir un mundo mellor e máis xusto.

O argumento da obra  fala de Discordia, unha bruxa que é feliz destruíndo a paz. De feito, a paz prodúcelle picores por todo o corpo dende o cocote ata a punta do pé.

Discordia disfruta facendo que todos os animais, e os humanos, se leven mal.Come olivas como unha tola... Menos mal que ten unha curmá fada … pois xa se sabe que na familia haiche de todo.

Un día vai acontecer algo que cambiará o seu mundo, e o mundo enteiro, para sempre.

“Que todos nun pispás,

compartan cos demais,

dando amor ao redor,

que en paz se vive … mellooooooorrrrrr.”

O novo espectáculo de Mamá Cabra, inspirado no recente libro publicado polo grupo “A Bruxa discordia”, unha proposta cargada de mensaxes que inciden en construír un mundo mellor e máis xusto.

Á saída do teatro, os alumnos dispuxeron dun bo tempo de lecer, para que ademais de merendar lles dera para xogar.