A MARABILLOSA HISTORIA DO VIOLÍN TROMPETA

O alumnado de sexto de Primaria gozou, o pasado martes 21 de marzo, dun concerto didáctico titulado "A marabillosa historia do violín trompeta" no Auditorio Teatro AFundación Vigo.

Os protagonistas desta función son o dúo Fetén Fetén, formado por Diego Galaz e Jorge Arribas cuxo obxectivo foi que os nenos emprenderan unha viaxe a través dalgúns dos instrumentos máis insólitos da historia da música popular europea do século XX. Os alumnos aprenderon que non é necesario gastar cartos para facer música e descubriron como soa, entre outros, un óso de voitre, unha serra, unha cadeira de praia ou un vibrandoneón.
Toda unha experiencia enriquecedora e divertida.