LINGUAXES PARA COMUNICARNOS

Desde o nacemento comezamos a comunicarnos cos que nos rodean. Algo tan sinxelo e ás veces tan complicado.

Mª Luisa García, nai de Uxía Fernández de 4ºEP, deunos unha interesante charla teórico-práctica sobre "LINGUAXES PARA AXUDARNOS A COMUNICARNOS CON TOD@S".
Falounos sobre a comunicación bimodal, linguaxe de signos, braille, etc. Destacando a importancia dos pictogramas, xestos e taboleiros de comunicación. Os alumnos divertíronse poñéndose "no lugar do outro", practicando a comunicación simulando problemas motóricos, visuais..