ROMPAMOS XUNTOS BARREIRAS POLO AUTISMO

Desde o Colexio Compañía de María sentímonos comprometidos coa concienciación social para garantir a igualdade de oportunidades e o exercicio efectivo dos dereitos das persoas con TEA.

Por iso este ano quixemos estender o noso compromiso a nosa contorna. Deste xeito contamos coa colaboración de FECIMO para dinamizar esta labor e facer partícipe desta iniciativa ós distintos asociados, decorando con globos e co cartel que lles fixemos chegar. Tamén implicamos ao Concello de Cangas, coa charla impartida 30 de marzo sobre "Inclusión e atención personalizada do alumnado con TEA", dando a entender que é sensible e colabora para dar acoñecer, facer visible e concienciar na nosa vila sobre este tema.

A Aula de Ed. Especial do noso colexio elaborou o cartel para esta campaña ademáis de decorar o Concello de Cangas con globos e paneis, repartiron carteis e globos polos establecementos comerciais e participaron na roda de prensa na que se presentou este proxecto.

O noso centro encheuse de globos azuis este pasado venres simbolizando, un ano máis, o compromiso de toda a comunidade educativa co autismo.

Noticia en Faro de Vigo da presentación da campaña.