DÍA DO LIBRO

A celebración do día do libro permite o encontro entre os maiores e os máis novos en torno á lectura.

Dentro do programa de actividades que se levou a cabo no colexio para conmemorar O Día do Libro, os alumnos de Sexto de Educación Primaria escolleron un conto que lían na súa infancia e na tarde do 24 de abril léronllo aos alumnos de Educación Infantil. 

Por outra banda, os cursos de primeiro, segundo e terceiro de Educación Primaria decidiron adicar o seu tempo de lectura ó aire libre, no espazo natural que lle proporcionan os patios.

Desta forma, tanto maiores coma pequenos desfrutaron dun rato de lectura agradable e diferente.