DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA

O día 25 de abril sumámonos a outros 295 centros de España na celebración da 7ª edición do "Día da Educación Física na rúa"

Desde a súa primeira edición no 2011, o 25 de abril celébrase o día da educación física na rúa, na que todos os centros de ensinanza con estudantes e docentes que se suman á actividade, buscan o achegamento do método de traballo, empregando a rúa como foro público de encontro para mostrar a Educación Física actual e os beneficios e competencias que adquiren os nosos alumnos nas clases.

Na actualidade este día reúne a estudantes, mestres e voluntarios de toda España e fainos protagonistas deste día, ó sacar a Educación Física ás rúas e prazas de pobos e cidades, baixo o lema "Estilo de Vida Activo para tod@s e para sempre".

Nesta edición os 296 centros e máis de 33.000 alumnos de España,  fixeron posible que este evento se atope máis preto da cidadanía e que se crea nunha Educación Física integral e integradora, para todos e para toda a vida, como base para instaurar uns hábitos saudables e un Estilo de Vida Activo. O "Día de la Educación Física na rúa" é, a través dos seus obxectivos, un elemento vivo para deixar ver esta realidade na sociedade.