UNHA MAÑÁ ENTRE TRAÍÑAS

Unha mañá en medio de deporte, cultura e traíñas na nosa vila.
O pasado venres 21 de abril, os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Educación Primaria achegáronse ás instalacións do Club de Remo Vila de Cangas onde puideron coñecer un pouco máis de preto o deporte do remo, instaurado en Cangas desde o ano 1986.
Os monitores ensináronlles cales son as distintas embarcacións e materiais que usan, probaron o foso de adestramento, competiron entre eles no remoergómetro e mesmo saíron a navegar nunha traíña de competición. Sentíronse como verdadeiros profesionais.
Ó rematar, achegáronse á lonxa, na que lles explicaron o funcionamento das subastas e puideron ver e mesmo coller diferentes peixes e mariscos.
Unha mañá estupenda, desfrutando do nosa vila.