PREMIO AUTONÓMICO DO CONCURSO ONCE

A aula de Educación Especial do noso centro resulta vencedora autonómica do 33 concurso anual da ONCE.

A aula de Educación Especial foi a gañadora autonómica da categoría “E” do concurso educativo da ONCE,  este ano 2017, dedicado ó acoso escolar. O concurso consistía no deseño dun cartel publicitario que sirva como campaña de sensibilización sobre o acoso escolar nas aulas e que reflicta solucións concretas dos alumnos para combatilo.

No cartel presentado, “Así si, así non”,  plásmanse uns pictogramas personalizados coas caras dos alumnos da aula e accións representativas do que si se debe ou non se debe facer no que se refire ó acoso escolar, empregando para iso apoios visuais, que son fundamentais para que a súa aprendizaxe sexa significativa.

Nesta ligazón amosamos un vídeo creado explicando o cartel galardonado, narrado por alumnas da aula.

https://youtu.be/F_RStQSvr7k

Aquí a reseña do Faro de Vigo:

http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2017/05/25/premio-once-compania-maria-acoso/1685834.html