FERVENZAVENTURA

Novamente, a oferta de actividades de Fervenzaventura pon o broche ó final de etapa da Educación Primaria.

Os pasados 15 e 16 de maio, os alumnos e alumnas de 6º tiveron a posibilidade de disfrutar dunha convivencia na saída a Fervenzaventura, unha granxa-escola encravada na contorna do Sistema Fluvial Ulla-Deza.
 
Alí puideron, entre outras actividades, montar a cabalo; subir por un rocódromo para, a continuación, tirarse nunha tirolina; percorrer o bosque nun xogo de orientación con GPS; tiro con arco; visita aos animais da granxa, etc.
 
Como colofón para esta saída, o último día pola tarde, visitaron a Fervenza do río Toxa, considerada a más alta de Galicia, cunha caída libre de máis de 60 metros.
 
Os alumnos e alumnas abandonaron os libros por dous días para continuar aprendendo xunto aos demais compañeiros e compañeiras preto da natureza.