XORNADA DE INTERCULTURALIDADE EN SEXTO

Un ano máis, as Xornadas de Interculturalidade, propostas desde o Concello, achegan ós nenos a outras realizades.

O pasado mércores pola tarde o alumnado de 6ºEP recibiu no patio do colexio a tres cooperantes da ONG Solidaridad Internacional no marco dunhas xornadas de interculturalidade promovidas polo Concello de Cangas. Neste intre, aprenderon diferentes xogos de países como Guatemala, Sahara ou da zona sudamericana dos Andes; pechando así un duro día de traballo dunha forma activa e divertida.