ACTIVIDADE DE GUITARRA

A actividade de guitarra remata con un toque Rock.

O pasado mércores 31 de maio foi a última clase de guitarra no colexio. É por iso que, a modo de despedida, os nenos e nenas desta actividade fixeron unha clase diferente, na que probaron o son das guitarras eléctricas dos seus mestres: Adrián, Aser e Bruno. Foi unha divertida despedida a un longo curso de aprendizaxe. Ata o próximo!