PRIMEIRO E O COIDADO DO MEDIO

Primeiro de Educación Primaria súmase ó coidado e respecto polo medio ambiente.

Nestas pasadas semanas o alumnado de 1° de E.P. participou en varias actividades relacionadas coa mellora   do medio ambiente.
Así, con motivo do proxecto de reciclaxe, visitaron as distintas aulas de primaria para sensibilizar ao alumnado sobre a importancia de reciclar e facer un bo uso dos contedores  de reciclaje que están no patio do colexio. 
Tamén para continuar con este labor de concienciación, plantaron cadansúa semente nun testo e así contribuir ao coidado do medio ambiente.