BAUTISMO NÁUTICO

Cuarto de Educación Primaria ábrelle as portas ó verán da mellor das maneiras.

Poñendo en valor as posibilidades que nos ofrece a Ría de Vigo para disfrutar e practicar deportes náuticos, nun pobo mariñeiro como o noso, a través do Club Náutico Rodeira.
Nunha xornada inesquecible, acompañados polos monitores do Club, os alumnos de 4ºEP recibiron nocións para a boa práctica dos deportes vela e kaiak, así como iniciación ao vocabulario mariñeiro básico, respecto ás normas no uso das embarcacións en zonas cercanas á praia, etc
Os alumnos, xunto coas profesoras e monitores, competimos nos kaiak a xogos de pelota por equipos e regateamos entre os tres veleiros no momento en que o vento era propicio, disfrutando dunha experiencia única.