UNHA EXCURSIÓN ESPECIAL

A aula de Educación Especial coñece desde dentro os diferentes tipos de transportes.

Os alumnos da aula de Educación Especial realizaron a súa excursión de fin de curso, este ano adicada ós transportes. Pola mañá esperaron o autobús de liña que vai ata Pontevedra na marquesiña mais cercana ó cole. Xa en Pontevedra pasearon e visitaron os lugares emblemáticos de esa acolledora e fermosa vila: Igrexa da Peregrina, Plaza da Herrería, Alameda... Non podía faltar una escapadiña ó parque para xogar. Despois de xantar ó aire libre puxeron rumbo ó tren. Esa era a primeira experiencia para todos neste medio de transporte, as diferentes emocións xurdiron a medida que a velocidade, túneles, paradas e arrancadas, ían aparecendo. Unha vez en Vigo, aínda quedaba atravesar a Ría en barco. Así remataron un calusoso día, cunha agradable travesía pola mar, recibindo brisa fresca. 

Nesta ligazón podedes ver un vídeo coas fotos deste intenso día.