UNHA NOVA COMPAÑEIRA PARA 4 ANOS DE INFANTIL

Este curso, a clase de 4 anos ten unha nova compañeira, MINA.

Mina é travesa , moi divertida e acompañará ós alumnos durante todo o curso. Con ela seguro que vivirán aventuras inesquecibles.

Para coñecela,  aprenderon unha alegre canción adaptada con pictogramas que nos fala de MINA. Os apoios visuais son fundamentais nestas idades, non só para os alumnos con dificultades, senón para todos, xa que axudan á comprensión, son motivadores e reforzan a aprendizaxe.

Nestas fotos móstrannos o ledos que están traballando coa súa nova amiga.

Pronto vos presentaremos tamén as mascotas das clases de 3 anos e de 5 anos.

Aquí deixámosvos a ligazón da canción.