SAÍDA ESPECIAL Á BIBLIOTECA

A aula de Educación Especial visitou as instalacións da Biblioteca Municipal do Concello de Cangas.

Os alumnos da aula de Educación especial comezaron, como veñen facendo fai xa varios cursos, o Programa de Habilidades Sociais en Contextos Naturais.  O obxectivo principal deste proxecto é favorecer o desenvolvemento adecuado das habilidades sociais, incidindo no coñecemento de si mesmo, da contorna máis próxima e a xeneralización das aprendizaxes sociais.

Nesta ocasión realizaron unha visita á biblioteca de Cangas e puideron gozar da lectura do fabuloso conto editado por Kalandraka “Nicolás va a la biblioteca”, o cal, emprega Sistemas Alternativos e Aumentativos da comunicación. Ademais cada alumno elixiu un libro para levar a casa en préstamo.