UN DÍA QUE VALE UN PREMIO

Unha saída que ademais de ser especial é o froito dun traballo ben feito.

O curso pasado, a aula de Educación Especial foi galardoada pola ONCE, co premio autonómico na súa XXXIII edición do Concurso Escolar contra o acoso. Si foi emocionante recibir este premio, moito mais foi disfrutalo. Cos nervios a flor de pel, subimos a unha furgoneta cargada de ilusións que nos levaría a pasar un día inesquecible. Puxemos rumbo o Grove, visitamos a Illa da Toxa coa súa preciosa capela feita de cunchas e merendamos no parque. Xa no Porto do Grove, esperamos o barco que nos levaría a dar un paseo pola fermosa Ría de Arousa. Nel puidemos gozar da visión submarina e de como se traballa nas bateas. Pero non foi so un simple paseo marítimo: refrescos, mexillóns, música e baile fixeron que resultase unha viaxe estupenda.  Acudimos a un restaurante a xantar e descansar un pouco antes de poñer rumbo o Acuario. Observar o fondo do mar dende tan cerca non deixou indiferente a ningún dos nosos alumnos. Nas súas caras pode observarse a fascinación desta experiencia. Resultou un día marabilloso que de seguro recordarán durante moito tempo.

Neste vídeo intentamos facer un resumo da intensa xornada vivida.

https://www.youtube.com/watch?v=hJ4UDV63LBU