SEXTO EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

Sexto de Educación Primaria respira aires da capital galega.

O pasado venres 13 de xaneiro, os alumnos e alumnas de 6º de primaria visitaron Santiago de Compostela. Foi unha visita moi completa, na que se achegaron a catro importantes puntos de interese da capital galega.

Nun primeiro momento foron ó Parlamento Galego, no que lles explicaron cales son as súas funcións e poideron coñecer as diferentes estancias nas que traballan os grupos políticos. Alí tamén probaron a facer debates, discursos e diferentes actividades relacionadas co mundo da política.

Continuaron a saida cunha pequena andaina que os levou ao Museo do Pobo Galego. Un xogo de pistas por equipos foi a actividade que lles axudou a percorren as súas salas e coñecer a historia da cultura galega e a interesante arquitectura dun convento do século XVII.

Despois dunha breve posta en común dos resultados do xogo, camiñaron pola zona vella da cidade, rodearon a catedral e se detiveron na Praza do Obradoiro, onde escoitaron unha breve explicación admirando a súa fachada.

Por último, un tranquilo xantar na alameda seguido dun rato de lecer foi o final dunha interesante e divertida saída á capital galega.