O MAGO PACO E A MATEMAXIA NO DÍA DE "PI"

O Mago Paco visitounos este pasado mércores dentro das actividades progamadas polo Concello de Cangas na celebración do día internacional da consatante "PI".

Este pasado mércores, o Mago Paco puxo en escea o seu espectáculo "Matemaxia" no noso centro para todo o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria. Unha hora e media de trucos baseados nas matemáticas entre os que destacaron a Banda de Möbius, o código binario e as series matemáticas e que fixeron as delicias dos alumnos. O máis interesante para eles, ademais de asistir á resolución do truco, é o feito de saber como puideron ser posibles e sobre todo a súa fundamentación matemática.