COAS MANS NA MASA

O pasado venres 16 de marzo os nenas e nenos de segundo de primaria asistiron a uhna clase moi nutritiva.
Co gallo da importancia da alimentación saudable e a creación duns bos hábitos de vida, os nenos e nenas de segundo de primaria poideron visitar e cociñar o seu propio plato saudable na cociña do colexio. Para elo contamos coa colaboración do noso cociñeiro Carlos, que nos explicou, entre outras moitas cousas, a importancia de levar unha dieta variada e equilibrada.
Aprendimos as normas de seguridade na cociña, os diferentes electrodomésticos que se poden utilizar, a variedade de ingredientes e, sobre todo, a importancia de encamiñar a elaboración do plato paso a paso, sen prisas e sempre con moito agarimo.
Mezclando ingredientes como pemento, cebola, pataca, coliflor, cenoria e peixe elaboramos dous platos, un frío e outro quente, cos que poidemos completar un menú moi delicioso e propio dos máis importantes chefs: Tomates recheos.