UNHA TARDE CON OLI

José Manuel González (OLI) visita, un ano máis, ós nosos pequenos lectores.

No remate deste segundo trimestre, o alumnado de terceiro de Educación Primaria, recibiu nas aulas a José Manuel González (OLI), mestre e escritor moi vinculado á literatura infantil desde hai moitos anos. As obras que foron traballadas polos nosos alumnos foron "Iria e a Lúa" e "Leocadio o león". O autor sorprendeu ós nenos contándolles os segredos deste interesante oficio, amenizando a charla con anécdotas, explicacións ás súas preguntas e o seu xeito afable de relatar.