DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

Este luns 23 de abril celebramos , un ano máis, o Día do libro. Nesta data conmemórase desde 1926 ,o falecemento de eminentes escritores como Cervantes ou Shakespeare.
O día prestouse á celebración. Baixo os raios dun sol primaveral os alumnos puideron gozar da lectura dos seus libros favoritos nos patios do colexio. Maiores e pequenos pasaron un fabuloso rato xuntos. Os maiores exerceron de lectores e os pequenos convertéronse en receptores, ávidos e expectantes por escoitar dos seus compañeiros máis experimentados as palabras dos libros que máis lles gustan.
Como actividade conxunta para todo o alumnado do centro e enmarcada dentro do Proxecto do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística, colocáronse no corredor da entrada do colexio uns paneis coas fotos de todos os alumnos sostendo o libro en lingua galega do que máis gozaron.