DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA

Nunca facer deporte foi tan divertido. Os alumnos de 2º 4º e 6º de Educación Primaria participaron por segundo ano consecutivo na celebración do “Día da actividade física na rúa”.

O 25 de abril ás 11.00 horas, alumnos e profesores de Educación física chegaron á alameda Nova dispostos a comezar coas actividades especiais programadas para ese evento. As rotacións de 20 minutos de brilé, floorball e xogos cooperativos soubéronlles a pouco e, ó rematar, manifestáronse plenamente satisfeitos coa posibilidade de exercitarse fóra do recinto escolar.

Os alumnos amosaron a todos aqueles que se detiveron a mirar,  o que é a actual Educación Física e como é o traballo que se realiza nas aulas. Ademais, sentíronse orgullosos de demostrar que a Educación física é unha disciplina integral e integradora, para todos e para toda a vida, e a base para instaurar uns hábitos saudables e un estilo activo de vida.