IVÁN NOVEGIL CANCELAS PREMIO EXTRAORDINARIO DE EDUCACIÓN

Iván Novegil Cancelas,  que rematou a etapa de Secundaria obrigatoria no noso Centro o curso pasado, resultou gañador dun dos premios outorgados pola Consellería de Educación  ao rendemento académico.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, presidiu  a entrega dos premios extraordinarios de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) ao rendemento académico e ó esforzo e superación persoal a un total de 40 estudantes das catro provincias galegas. Os galardóns, que os premiados recibiron nun acto celebrado na Cidade da Cultura de Galicia,  correspóndense co curso 2016/17.

Durante  a súa intervención o conselleiro sinalou que esta entrega constitúe un orgullo, tanto para o alumnado como para as familias, piar fundamental sobre o que se constrúe o éxito dos alumnos. Tamén para os profesores, dos que resaltou  a súa calidade e compromiso coa excelencia educativa. 

Iván Novegil ,(alumno invidente), que estivo escolarizado desde 4º de EI a 4º da ESO no noso centro, constitúe un claro exemplo de superación persoal, e este premio vén certificar o  traballo realizado desde o noso centro, que aposta desde hai máis de 30 anos  pola  inclusividade do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo integrado na enseñanza común.

Iván destacou sempre pola súa capacidade intelectual e o seu espírito crítico, e hoxe, a piques de  rematar primeiro de bacharelato cunhas cualificacións excelentes, está cada vez máis preto de acadar o seu soño profesional: ser xornalista, profesión na que lle auguramos un futuro prometedor.