COLABORACIÓN DAS FAMILIAS EN TERCEIRO DE EDUCACIÓN PRIMARA
Rematan as actividades de colaboración das familias co Centro na aula de terceiro de Educación Primaria.
Durante este 3º trimestre tivemos a sorte de poder contar coa presencia nas aulas de 3º E.P. de varios pais e nais dos nosos alumnos , que nos transmitiron o seu saber , aportando gran coñecemento, relacionado coas profesións que desenvolven.
Raquel Molanes, explicou aos alumnos en que consiste o seu traballo, como membro do equipo de loxística do grupo PROFAND para o transporte de peixe.
Juan C. Gracia, destacou a importancia do traballo en equipo, para que o seu labor, como xefe de ventas en Solán de Cabras e Mahou, poida desenvolverse de xeito positivo.
Mónica Costa, destacou a importancia de investigar sobre as bacterias e os beneficios que aportan á saude humana os probióticos.
Joaquina Romero falounos sobre o traballo como responsable de persoal nunha pizzería.
Manuel González, como mariñeiro, explicou a súa especialidade na pesca da lubina, a importancia de respectar as normas de seguridade no traballo, partes dunha embarcación etc.
Romina Freire, deu unha clase práctica de perruquería canina e explicou os diferentes tipos de mantos dos animais aos que prepara.