MENUDO PRIVILEXIO!

Toda unha emoción para os máis pequenos  a de  coñecer ó autor dalgúns  dos contos lidos ó longo deste curso na súa clase.

O escritor José Manuel González (OLI),  visitou este mércores o noso colexio para deleitar ós nosos alumnos de Educación Infantil coa lectura dalgúns dos seus contos infantís máis coñecidos. No transcurso da experiencia, tamén tivo que responder as “atrevidas” preguntas que estes curiosos lectores  lle fixeron sobre o seu labor como escritor.