XOGANDO COS AROMAS

Unha nova e moi enriquecedora colaboración familia - escola en Educación Infantil
Os alumnos da aula de Educación Infantil 5 anos descubriron da man de dúas nais (Raquel e Mª Luisa), os diferentes usos que lles podemos dar ás plantas, ademais do xa coñecido uso ornamental.
Nesta ocasión , ademais de experimentar múltiples sensacións tanto táctiles como olfativas coas plantas aromáticas, aprenderon a elaborar un bonito e oloroso xabón de glicerina aromatizado con elas.
Velaí o resultado. Mmm……! Que rico arrecendo!