CINECLUBE DE CANGAS

Un ano máis cumplimos coa nosa participación no Cineclube de Cangas.

O pasado xoves 4 de outubro, os alumnos de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria achegáronse ao Auditorio de Cangas a ver a película de animación "A Rebelión dos contos". Unha adaptación do best- seller de Roald Dahl, Revolting Rhymes, por parte dos produtores do Grúfalo e O Nadal do home Rama. É unha película que recupera personaxes e relatos clásicos coñecidos por todo o mundo para darlles a volta e introducir xiros enxeñosos, sorpresivos e rabiosamente actuais.