FESTA DE SAMAÍN

Como cada ano, os membros do EDLG encargáronse da preparación do Día do Samaín involucrando a todo o alumnado, profesorado e familias na celebración desta festa.

 Na aula prepararonse manualidades e os alumnos trouxeron da casa cabazas decoradas.  A sala de usos múltiples do centro converteuse nun lugar adornado con cabazas, monstros, casas encantadas…

A tarde do 31 de outubro o terror apoderouse do colexio: zombis, fantasmas, vampiros, bruxas, esqueletos e demais membros do inframundo se puideron ver polos corredores de primaria e infantil. O alumnado gozou dunha rica merenda grazas á colaboración das familias, que elaboraron doces terroríficos e como cada ano, os nenos bailaron ó son da música de medo.

Na aula recordamos a orixe desta festa celta, que  foi unha celebración de final de tempada de colleitas  e considerada como a chegada do ano novo celta.

Moitos son os que pensan que a celebración de Halloween ten que ver coa propagación da cultura americana e a súa influencia sobre nós. Pero están nun grave erro. Non son eles os que divulgan as súas tradicións, senón os que as adaptaron ás nosas. Como pobo celta que somos, son moitos os séculos que levamos festexando Samaín.

Cada vez máis no pobo de Cangas os nenos saen ás rúas cos seus disfraces para celebrar este día, en busca de doces e diversión.