A ELITE DO BALONMÁN UN ANO MÁIS

Un ano máis a elite do balonmán nacional estivo introducindo aos nenos neste deporte.

Como estes últimos anos, integrantes do primeiro equipo do Frigoríficos do Morrazo da liga ASOBAL, estiveron traballando cos nosos nenos de Educación Primaria para animalos a praticar esta disciplina deportiva. Nesta ocasión Maxi, Miki e Bibi foron os que nos acompañaron ó longo de dúas  intensas xornadas nas horas de Educación Física, amosándolles aos nenos a versión máis lúdica e distendida deste  deporte tan representativo na nosa vila.