EXCURSIÓN A SANTIAGO

O pasado venres os alumnos de sexto pasaron o día en Santiago.
Alí visitaron o Parlamento de Galicia, onde tiveron a posibilidade de coñecer máis de preto o poder lexislativo e sentirse por uns intres coma verdadeiros políticos.
A continuación, o lugar escollido foi o Museo do Pobo Galego. Mediante un xogo de pistas, empapáronse dos costumes, tradicións e historia de Galicia.
Tras un parón para comer, encamiñáronse á Catedral, onde tiveron o privilexio de ser o primeiro centro educativo en visitar o Pórtico da Gloria restaurado.
Unha xornada educativa á vez que divertida.