THEATRE AT THE AUDITORIUM

Os alumnos de 4º, 5º e 6º de Primaria desprazáronse ao Auditorio de Cangas para asistir á obra teatral en inglés Ghost Train.

Este espectáculo está ambientado na clásica atracción de feria "O tren Pantasma", e conta a historia de dous actores que traballan na atracción e que subirán ao tren para morrer dun susto...ou de risa. 
Foi unha comedia interactiva, xa que un bo número de estudantes subiron ao escenario para interpretar diversos papeis. 
Un bo xeito de seguir achegándose á lingua inglesa por medio do teatro.