BURBULLAS DE PAPEL

Moi visual e plástica mañá de aprendizaxe a que viviron os alumnos de Educación Infantil do colexio coa compañía Múcab Dans en Vigo.

Co seu espectáculo “Burbullas de papel” , combinou o mundo da danza e a música cunha interacción multimedia para acercalos a un mundo fantástico no que xurdiron moitas gañas de imaxinar, bailar, xogar e sobre todo rir.