UN PASAPALABRA MOI NOSO

O alumnado de 4ºA de Educación Primaria elabora e xoga a un Pasapalabra moi especial.

Os nenos e nenas de 4º A de Primaria celebraron o aniversario do nacemento da nosa escritora máis ilustre, Rosalía de Castro, quen naceu o 24 de febreiro de 1837 en Compostela.  Para conmemorar esta data, elaboraron un Pasapalabra  sobre Rosalía co cal se achegaron a figura da autora recollendo información e elaborando un enunciado para cada letra do rosco.

Unha vez que o traballiño xa estaba feito, só quedaba XOGAR!