DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Este pasado 8 de marzo,  Día Internacional da Muller, conmemora a loita da muller pola súa participación, en igualdade de oportunidades ante o home, na sociedade e no seu desenvolvemento persoal.

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa e a Secretaría Xeral de Igualdade convocou un concurso para o deseño do cartel do día 8 de marzo co gallo da celebración de dito día. 
Os alumnos de sexto de Educación Primaria, sendo conscientes da importancia de vivir en igualdade, realizaron en grupos a súa visión e proposta de debuxos representativos.