POR FIN CHEGOU A PRIMAVERA!

O seu primeiro día converteuse nun momento de observación e experimentación para o noso alumnado de Infantil.

E que mellor lugar para facelo que  a horta e o xardín do noso propio colexio! A partir de agora,  indagarán  neses  descubrimentos, experimentarán con eles,  e de seguro aprenderán cousas moi interesantes.