COÑECENDO O LABOR DOS QUE VELAN POLA NOSA SEGURIDADE

Este xoves os alumnos do noso colexio tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man o labor que realiza o corpo da Garda Civil.

O teniente do posto de Cangas, D. José Carlos Rodríguez, foi o encargado de explicarlles a todos os alumnos cales son as súas funcións  axudándose da proxección  dun vídeo conmemorativo do 175 aniversario da creación do corpo, no cal estaban reflectidos os distintos ámbitos nos que actúan: mar, aire, rescates, antiterrorismo, etc.

Despois do visionado do vídeo, os alumnos baixaron  ó patio onde había unha representación do Seprona, da Garda Civil de Tráfico, da Científica e do posto de Cangas. 

Alumnos e profesores escoitaron as explicacións de cada grupo e tiveron a oportunidade de participar activamente tanto subindo ós coches, como no emprego dos elementos de reducción ou a toma das pegadas dactilares.