A LIGA REUMATOLÓXICA GALEGA VISITA O CENTRO

Esta martes día 9 de abril, a Liga Reumatolóxica Galega visitou o noso centro para sensibilizar e achegar ó alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria  a Artrite Idiopatica Xuvenil, unha enfermidade bastante descoñecida, pero que afecta a un de cada tres rapaces menores de 16 anos.

Lucía Fernández Caamaño, Terapeuta Ocupacional da Liga Reumatolóxica Galega, conduciu onte unha charla formativa e informativa do que supón padecer a enfermidade da Artrite Idiopática Xuvenil que afecta a un tercio da nosa poboación menor de 16 anos a pesar de que nos resulte unha enfermidade atípica. Entre outros aspectos fixo conscientes a todos os alumnos de que existen máis de 250 enfermidades reumatolóxicas coñecidas e que os seus tratamentos conseguen sempre mellorar as calidade de vida dos pacientes, así como ralentizar os seus efectos, pero nunca conseguen curalas.

Unha actividade de cambio de roles entre varios dos alumos axudou a que entendesen de forma práctica como pode ser a vida cotiá dun paciente desta enfermidade.