TI, QUE PEGADA DEIXAS?

Un ano máis unímonos á campaña da ONGD Mans Unidas coa celebración do Xexún Voluntario.

Dentro das actividades de educación na solidariedade que traballamos ao longo do curso, o pasado 14 de febreiro quixemos lembrar que somos un elo fundamental do modelo de desenvolvemento; o noso estilo de vida, do que somos actores e consumidores, deixa "pegada" no mundo. Esta xornada consistiu nunhas actividades para traballar a relación do noso estilo de vida co deterioro do medioambiente e a pobreza.

Como xesto simbólico, compartimos un boliño de pan á hora da merenda no recreo, enviando o recadado con esta iniciativa para Mans Unidas.