NOVAS CONTAS G SUITE DO CENTRO

Estamos completando o proceso de implantación da plataforma de Google nos cursos para os que non estaba dispoñible.

Tal e como se presentou no Plan TIC estamos extendendo o uso de G Suite para todo o alumnado do centro. Desde 2012 contabamos con este servizo para o persoal e o alumnado a partir de 5º de Primaria. Este ano, ante as incertidumes provocadas pola COVID-19, decidimos implantar este servizo para todo o alumnado co Colexio seguindo as pautas marcadas no citado Plan TIC.

Ata o día desta publicación levamos xa dadas máis de 150 novas contas neste servizo e agardamos nos vindeiros días poder completar este proceso. 

Ter esta solución implantada en todo o centro vainos permitir estar preparados ante unha eventual suspensión das clases (nunha ou varias aulas) mellorar a comunicación coas familias ou aumentar a competencia dixital e a motivación do noso alumnado. 

Para todas as familias que xa enviastes a solicitude da conta a través do formulario correspondente estade atentos ao voso correo electrónico, no que recibiredes as claves da nova conta e indicacións para poder comezar. Para saber máis sobre este servizo e as súas posibilidades podedes entrar no Centro de Aprendizaxe de G Suite.

Para as que aínda non fixeron a solicitude pregámosvos que a fagades canto antes a través deste formulario: