REPORTEIROS POR UN DÍA

Este curso a aula de Educación Especial foi seleccionada para levar a cabo o Plan Proxecta “Protexe os animais”. O programa ten como obxectivo concienciar a sociedade actual no respecto e na protección dos animais domésticos.

Nesta ocasión os/as alumnos/as de Educación Especial convertéronse en auténticos reporteiros.
Por mor da situación de pandemia que estamos vivindo estas entrevistas non puideron ser presenciais e tiveron que realizalas por videochamada.
Isto non foi ningún problema para que estes intrépidos entrevistadores amosasen a súa habilidades realizando interesantes preguntas para coñecer máis sobre as mascotas.
Grazas as familias por colaborar con nós e poder pasar, aínda que de xeito virtual, un ratiño tan agradable.