QUE FACER AO REMATE DA ESCOLARIZACIÓN OBRIGATORIA?

A Orientadora imparte unhas charlas para o alumnado de 4º de ESO sobre as opcións académicas para o seu futuro.

"Que camiño debo tomar ao rematar a ESO? Que opción se adapta mellor aos meus intereses e capacidades?" Estas son algunhas das preguntas que tanto alumnos como as súas familias se fan en 4º da Secundaria Obrigatoria. Desde o colexio queremos acompañalos nese proceso de toma de decisións e, por iso, vimos de organizar unhas charlas a cargo da Orientadora do centro para darlles toda a información e o asesoramento persoal preciso.

Os alumnos de 4º xa están recibindo durante estes días estas charlas sobre o sistema educativo en xeral, modalidades e optativas no bacharelato e familias de ciclos formativos. Durante o mes de febreiro serán convocadas as súas familias para unha xuntanza virtual na que se lles informará tamén sobre estes aspectos e se resolverán todas aquelas dúbidas que teñan.