PLAN DIRECTOR: INTERNET SEGURO

Hoxe, 10 de febreiro, contamos no noso centro coa presenza da Garda Civil.
 
 
Durante toda a mañá diferentes especialistas do Corpo estiveron impartindo charlas ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria e todos os cursos da ESO.
As charlas enmárcanse dentro do” Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e as súas contornas”. Este “Plan” ten como finalidade responder de xeito
coordinado e eficaz as cuestións relacionadas coa seguridade de nenos, nenas e mocidade, na escola e a súa contorna, fortalecendo a cooperación policial coas autoridades educativas nas súas actuacións para mellorar a convivencia e a seguridade no ámbito escolar, reforzando o coñecemento e confianza nos corpos policiais e intensificando tamén as acción de prevención.
Durante toda esta mañá os especialistas falaron sobre as novas tecnoloxías e o acoso escolar, e os alumnos e alumnas dos diferentes cursos tiveron a oportunidade de facerlles multitude de preguntas.
O 23 de febreiro, ás 17.00 horas a Garda Civil estará de novo no centro para darlles aos pais e nais unha charla sobre o mesmo tema, e nos meses de marzo e abril, volverán ao centro con dous temas de máximo interese para o alumnado: o alcol e as drogas e a violencia de xénero.
 

Grazas ao Cabo Ramón e ao garda civil Campelo, pola estupenda explicación desta mañá!