O HIPERMERCADO DESDE DENTRO

Todos os alumnos de Primeiro e Segundo de Educación Primaria coñeceron de primeira man o funcionamento dunha grande área comercial.

Este martes, todo o segundo ciclo de Educación Primaria visitou as instalacións do hipermercado Alcampo de Vigo. Nesta ocasión dun xeito completamente diferente ó que poden estar acostumados, xa que o fixeron desde a súa cara oculta, a que non podemos ver normalmente. Ademais de comprobar como funcionan todas as engranaxes comerciais do centro, tamén se lles mostrou como levan a cabo o tratamento de residuos (plásticos, cartón e vidro) e o xeito de preparar algúns dos seus productos frescos e os da sección de panadería.

Un bo aperitivo, recén forneado, fixo que comprobaran persoalmente os resultado deste labor.