EDUCACIÓN INFANTIL VISITA O TEATRO AFUNDACIÓN

 

Este luns 13 de febreiro os alumnos de Educación Infantil madrugaban un pouco máis para chegar ao colexio, pois tiñan que subirse ao autobús que os levaría ao Teatro Afundación Vigo.

Tras unha agradable viaxe acompañados polas súas titoras e compañeiros chegaban ao teatro para poder gozar dunha entretida obra con actores e marionetas titulada "Osiño".

Todos volveron encantados co espectáculo e moi agradecidos por empezar a semana dun modo diferente e especial.