XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Este venres 17 de febreiro ás 17:30 horas teremos unha xornada de portas abertas para todos aqueles interesados en coñecer o noso colexio e a súa o oferta educativa.

Faremos un percorrido polas distintas instalacións: aulas, laboratorio, aula de informática, pavillón, salón de actos, etc; acompañados de persoal do centro que nos dará cumprida información tanto dos aspectos académicos como da liña pedagóxica e das actividades complementarias que o noso centro oferta.