SAÍDA POLA CONTORNA DE CANGAS

O bo tempo e a saída pendente á biblioteca de Cangas deu moito de si para os alumnos de terceiro de Educación Primaria.

O pasado venres día 10 de febreiro, os alumnos de terceiro de primaria, visitaron a casa da cultura de Cangas do Morrazo. Ensináronlles todas as instalacións e mesmo puideron facerse socios da Biblioteca. O alumnado aproveitou un bo tempo de lecer lendo os contos.

Asemade, pasaron tamén pola Praza de Abastos do pobo, onde Rosa, nai de alumnas do noso colexio, ensinoulles as diferentes especies mariñas que se pescan na nosa ría e se venden na praza. Alí puideron ver unha exposición temporal de fotografías de redeiras de Cangas, moitas delas moi coñecidas.