A LINGUAXE DE SIGNOS: UNHA APOSTA POLA COMUNICACIÓN

Os alumnos de cuarto de Educación Primaria adentráronse no mundo da linguaxe de signos.

Un ano máis agradecemos a Ana Pena, nai dunha das alumnas do centro,  o feito de acadar que os nenos de cuarto vexan a linguaxe de signos como algo próximo e útil na nosa aposta pola integración.

Desde unha proposta inminentemente práctica, os alumnos comprobaron como é posible utilizar este sistema comunicativo desde o comezo e que o seu dominio soamente  depende do tempo que se lle adique e da utilidade que se lle poida dar. Tras a visita de Ana, é moi doado ver nos patios como os alumnos se esforzan en facerlles chegar mensaxes ós seus compañeiros empregando esta língua.