Misión,Visión e Valores
MISIÓN
Somos un centro concertado que ten como Misión:
“Inspirados no carisma de Santa Xoana de Lestonnac, ofrecer unha educación humanista cristián desde o diálogo fe-xustiza, fe-cultura, fe-cultura-ciencia-tecnoloxía e incidir na formación dos nosos alumnos e na transformación da sociedade”.
VISIÓN
Queremos conseguir nos vindeiros catro anos un centro:
· Sostible economicamente.
· Innovador en traballo cooperativo e Tics.
· Plurilingüe.
· Cun bo rendemento académico dos alumnos.
VALORES
No noso centro velarase polos seguintes valores:
Integridade/Lealdade:honradez e rectitude na conduta. Identificación e asunción dos intereses organizacionais.
Busca do ben común:atención ao concreto coa mirada global.
Cooperación:despregar a toma de decisión xerando espazos para o diálogo.
Iniciativa:actuar proactivamente ante unha determinada situación. Saber identificar un problema, obstáculo ou oportunidade e levar a cabo accións que contribúan á súa solución
Calidade:buscando a eficiencia en cada un dos procesos da vida colexial adecuando as respostas en cada momento.
Transparencia:os nosos grupos de interese han de coñecer a nosa actividade, os nosos logros, os nosos puntos fortes e os aspectos que nós debemos mellorar. Transparencia do que somos, facemos e queremos acadar. Transparencia como xeradora de confianza, de información axeitada para saber onde estamos, que temos e que queremos acadar
|
|