Solicitude de praza
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: DO 1 AO 22 DE MARZO DE 2021
Dada a situación sanitaria actual propoñémosche descubrir o noso centro de forma completamente segura. A través dunha videoconferencia coa Directora poderás coñecer o noso proxecto educativo, as nosas instalacións, os servizos que ofrecemos e moito máis. Unha presentación acompañada de vídeos, imaxes e explicacións en vivo para que poidas sabelo todo sobre o noso colexio.
Para participar nunha visita virtual en vivo inscríbete neste formulario.
Se prefires concertar unha visita personalizada chama ao 986 30 05 80
TRAMITACIÓN
- Opción 1: Descargar o impreso, imprimilo, cubrilo e entregalo asinado no noso colexio.
- Opción 2: Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no colexio. (www.edu.xunta.gal/admisionalumnado)
- Opción 3: Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica. (www.edu.xunta.gal/admisionalumnado)
NORMATIVA
A normativa sobre admisión de alumnos de Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato está regulada polas seguintes disposicións:
- Decreto 254/2012 do 13 de decembro (DOG 26/12/12) polo que se regula a admisión do alumnado.
- Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG 15/03/2013) pola que se desenvolve o decreto para a admisión do alumnado.
- Orde do 25 de xaneiro de 2017 (DOG 01/02/2017) pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013
- ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
NOTA: Un exemplar destas disposicións atópase na recepción do centro para a súa posible consulta.
CALENDARIO CURSO 2021/2022
- Publicación dos postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo
- Presentación de solicitudes de admisión: do 1 ao 22 de marzo de 2021 (ambos incluídos).
- As solicitudes presentadas entre o 23 de marzo e o 18 de maio serán consideradas fóra de prazo.
- Presentación da documentación acreditativa dos criterios de admisión do baremo: do día 25 de marzo ao 7 de abril.
- Publicación PROVISIONAL das listaxes de admitidos e non admitidos: antes do 25 de abril.
- Publicación DEFINITIVA das listaxes de admitidos: antes do 15 de maio.
-
Prazos de formalización de matrícula:
- Do 22 ao 30 de xuño para Educación Infantil e Primaria.
- Do 25 de xuño ao 12 de xullo para ESO
- Prazo extraordinario para ESO do 1 ao 10 de setembro.
ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO PLURILINGÜE COMPAÑÍA DE MARÍA
Os límites en zona urbana son:
- Rúa Noria – edificios á dereita en dirección ao mar.
- Avenida de Vigo – a partir da baixada a Síngulis en dirección a Pontevedra (números impares), Avenida de A Coruña ata a altura do Galas, Avenida de Lugo (en dirección a Coiro, edificios da dereita), Reboredo (“M-30”) (edificacións da dereita ata a rúa Noria).
- Avenida de Montero Ríos ata a altura da subida ao Costal, Eirado do Costal, Álvaro Guitián, Praza de Síngulis ata o remate na Avenida de Vigo.
- Barrios de Cimadevila, San Pedro, Ximeu, Serra Nacente, Choupana e Rúa Enseñanza.
NOTA INFORMATIVA
- Só se pode presentar unha única solicitude no centro de primeira opción, baixo advertencia de perda da prioridade.
- O alumnado do centro que presente solicitude noutro centro deberá comunícalo ao mesmo tempo no centro de orixe.
- O alumnado con reserva de praza nun centro deberá comunicar a renuncia á reserva se presenta solicitude de admisión noutro centro.
CRITERIO COMPLEMENTARIO DO CENTRO
O criterio complementario establecido polo centro é o seguinte:
“Ser fillo dun/dunha antigo/a alumno/a do centro”.
Este criterio terá a súa xustificación nun certificado emitido polo propio centro.
LETRA DE PRIORIDADE
Pendente de resolución.